Cuns amigos en Algarrobo

A praia de Algarrobo é bastante tranquiliña, lembra bastante a unha ría galega: area branca, auga fría e nada de ondas. Xa pasearamos por ela no inverno, pouco tempo despois de chegar a Chile, pero agora tocaba disfrutala con calor así que ata alí nos achegamos un sábado cos nosos amigos Samuel, Julen e os seus pais Alberto e Alejandra. 

Pasamos unha xornada ben tranquila xogando na area, mollando os pes ou o que cadraba, correndo e chimpando. Como case sempre, non necesitamos moitas escusas para pasalo en grande.






Comentarios

Entradas populares