Unha xornada en Algarrobo



Aproveitando un día de inverno soleado achegámonos ata Algarrobo na costa chilena, un pouco ao sur de Valparaiso. O pobo non é gran cousa, ten unha parte antiga con un pequeno paseo a carón da praia e unha parte nova con grandes bloques de apartamentos turísticos moi pouco integrados na paisaxe. 

Nos adicámonos a pasear pola beira do mar, xogar coas ondas e recoller cunchas na zona mais achegada ao porto, moito mais tranquila e recollida.





Despois achegámonos ata a zona nova diante de mar aberto cunhas ondas que daban medo.





Conclusión, para que os nenos pasen unha xeira divertida non precisan nin xoguetes.

Comentarios

Entradas populares