Primeira excusión ao xeito chileno: Embalse del Yeso

E diredes vos, cal é o xeito chileno de ir de excursión?. Pois é como o que faciamos cando eu era pequena, levar a comida da casa e xantar tirados no chan sobre unha manta. Neste caso a neve non permitía nin manta nin tirarse no chan pero igualmente disfrutamos dun xantar estupendo sentados nunhas rochas a carón do maleteiro do coche. O menú foi sinxelo: filetes de polo empanados, ensalada de tomate, anaco de tortilla da cea da noite anterior, pan fresco e mango e galletas de sobremesa. 
O destino elixido para a saída foi o Embalse del Yeso, a un par de horas de Santiago, un lugar espectacular que semella unha lagoa no medio das montañas nevadas. A estrada está cortada xusto antes do embalse e pódese pasear a pé polo camiño que o rodea. O día entre nubes e claros dou para facer estas fermosas fotos.








Nesta última foto aparecen dous pequenos glaciares que vimos dende o camiño de acceso ao embalse. Os primeiros da nosa vida!.


Comentarios

Entradas populares