Excursión urbana II: Lastarria, París-Londres e Cerro Santa Lucía

Segunda excursión dentro da cidade, esta vez tocou baixar ao centro no metro e pasear por un par de barrios pequenos pero de rúas empedradas e edificios singulares: Lastarria e Paris-Londres.

Xantamos pizza nunha terraciña de Lastarria (ainda que o día estaba bastante fresco, e todo por que o interior do local era para fumadores e os nenos non podían entrar; en fin, sin comentarios). Cos estómagos cheos subimos paseando ata o punto mais alto do Cerro de Santa Lucía que é un pequeno monte axardinado no centro da cidade.



Dende alí pasamos ao Barrio Paris-Londres, que a esas horas da tarde do sábado estaba totalmente valeiro. Percorremos as rúas en solitario e volta para a casa no metro.


Comentarios

Entradas populares