Máis neve.....



Esta fin de semana pasada, despois de varios días de nevaradas, subimos de novo ata Farellones para disfrutar cos pequenos. 





A paisaxe era espectacular, neve ben branca, moi branda e ademais moi pouca xente para o que adoitaba ser habitual nos días anteriores. Disfrutamos practicamente en solitario da xornada, facendo bonecos, lanzando bolas uns a outros e afundindo ata os xeonllos a cada paso. Hora e media de xogos foron dabondo para ficar sen enerxías, xantamos unhas pizzas e volta para a casa.

Comentarios

Entradas populares