No cinema



Como en Chile estamos agora mesmo nas vacacións de inverno escolares, a semana pasada adicamos unha mañá ao cinema. Saímos da casa coa nosa amiga Claudia a eso das 11,30h e dando un pequeno paseo chegamos a Parque Arauco, (un dos centros comerciais do barrio), en apenas media hora. A nosa intención era acudir á sesión das 12,30h así que contabamos con tempo dabondo para mercar as entradas e unhas chuches. A ringleira de clientes era curta e había 6 taquillas abertas, pero iso non nos librou de 40 minutos de espera ata que chegou a nosa quenda, (xa sabedes, para ir ao cinema en Chile mercade as entradas por internet e así aforrades cabreos). 

Entón, cambio de plans, a peli foi na sesión das 13,30h e mercamos o paquete xigante de flocos para que ninguén pasase fame.

Aquí os tedes aos tres, sentadiños nas súas butacas e preparados para disfrutar da proxeción. 




Por certo, a peli era Valiente (Brave) no día da estrea e gustounos moito aos catro.

Comentarios

Elena ha dicho que…
Me gusta mucho lo bien que vuestra mamá os lo hace pasar.Gracias Isa!

Entradas populares