Celebrando o cumpre de mami

O primeiro cumpre de mami en terras chilenas tiñamos que celebralo cunha excursión e, nesta ocasión, dirixímonos cara o Caixón do Maipo.



Para o xantar escollemos un pequeno restuarante-observatorio cunhas vistas espectaculares sobre as montañas ao que non se pode chegar en coche. Deixámolo nun pequeno aparcamento a carón da estrada e, dende alí, subíronnos nunha furgoneta todoterreo ata o restaurante. Xantamos de marabilla nunha mesa perto da cheminea e da xanela.

  


Despois de xantar voltamos cara o coche a pé. Baixamos pola empinada costa dando un pequeno paseo e dende alí, xa no coche, adentrámonos un pouco mais no canón entre cerros nevados.




Os agasallos do cumpre foron dous: unha celebración como nunca imaxinara que tería entre montañas chilenas e uns fermosos pendentes de lapislázuli, a pedra nacional. E todo na compaña das miñas tres xoias, que mais podo pedir!!.

Comentarios

Entradas populares