Primeiro día de cole




E por fin chegou o ansiado día de Catu, a volta ao cole para ver as amiguiñas e amiguiños, a nova clase (a vermella), as novas profes: Mari Carmen e Laura, etc.... Pero tamén chegou o día para o pequeno Paulo, que non tiña moi claro de que ia a cousa.
Ergueuse moi ledo e co cueiro enxoito, almorzou apresa como acostuma, sentouse no penico un anaco ainda que non saiu nada, puxo o uniforme novo e marchamos para a parada, (se non fora polo detalle do uniforme sería un día calquera como os do ano pasado).
Cando chegamos a parada os catro, papi sacou as fotos de rigor, mentres mami tentaba, (sen éxito algún), tratar de que Paulo se dera conta de que hoxe tamén subía el no bus de Catu, e cando o bus apareceu pola curva o neno sinalando dixo: "Ohhhh!, ahí ven o bus".
Ata aquí todo ben, o problema foi cando papi lle dou un bico de despedida e o puxo no segundo chanzo do bus, así que Mari a coidadora o colleu, púxose a chorar e a deixarse caer no chan. Menos mal que Manolo, o conductor das mañas, estivo rápido e arrincou sen deixar mais tempo para a despedida do neno, por que Catu xa nos dicia "chau-chau" dende o seu sitio. A lo van os dous, mulleriña e homiño, como día a avoa Pili: "¡qué pena, qué rápido se hacen mayores!".
Xa contaremos como foi a volta.

Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
Ya lo creo que se han hecho mayores
" volando ". Si todavía ayer eran bebés y ahora son unos escolares , mañana ... ¡ adolescentes !
besos

Entradas populares