Segundo día de cole

Pero antes teño que comentar que a volta á casa do primeiro día foi bastante boa. Catu viña encantada despois de reencontrarse cos seus amiguiños de anos anteriores, e Paulo viña sorrindo e con varias bolsas de mudas sucias despois de un longo día de novidades. Cando lles preguntei que tal o pasaran, os dous responderon que ben. A nena contou Paulo chorou un pouquiño no bus de ida "pero un minutiño nada mais" e que no cole xogara con el no segundo patio, pero que no comedor non coincidiron, (supoñemos que para non facer mais estresante a incorporación dos pequerrechos comerían antes que o resto dos alumnos). Así que, en principio, parece que o primeiro día non foi demasiado traumático, ainda que a verdaderia comprobación fariámola hoxe cando o pequeno subise de novo o bus.

E chegou o segundo día.
Despois de erguernos, almorzar e vestir o chandal marchamos para a parada os tres, (hoxe Papi non estaba), sacamos a foto e chegou o bus. Paulo non estaba demasiado ledo pero cando lle din un bico e lle dixen que saudara a Mari el dixo cun medio sorriso "¡hola Mari!" e marchou detras de Catu para o seu asiento.

Entón confirmado, o pequeno Paulo pasouno bastante ben no seu primeiro día no novo cole.

Comentarios

Entradas populares