Tarde de pisci

Durante o mes de xullo os nenos están ocupados pola mañá: Catuxa nun campamento escolar e Paulo no seu cole. A mediodia paso a recollelos e, mentres Catu e mais eu xantamos, Paulo durme a sesta. Así que desperta, ou mellor dito, así que mami sube a despertalo, preparámonos para dar un baño na pisci: poñemos os bañadores, collemos as toallas, botamos crema, hinchamos os manguiños (ainda que Catu nada con eles totalmente desinflados), pasamos pola ducha, metémonos na auga e comeza o "show" de chimpos. Catuxa lánzase dende a veira sen complexo algún e Paulo comeza a perderlle medo e fai uns pequenos chimpos dende os chanzos.

O único problema é sair da auga, para Catuxa a sesión de baño nunca é dabondo, así que as veces teño que poñerme seria.

En calquera caso, da gusto ver o ben que o pasan os dous nadando e chimpando, e sorpréndeme o cambio para mellor de Paulo que o ano pasado non quería saber nada da auga e este ano está progresando a pasos axigantados.




Comentarios

Entradas populares