De novo na Torre de Hércules

Hoxe os pequenos e mami fomos xantar á casa dos avós Manolo e Susa, e, así que Paulo durmiu a súa reglamentaria sesta (esta vez foi reducida, so unha hora e tres cuartos), saimos de paseo coa avoa Susa.
Dirixímonos cara a Torre de Hércules, por que cando Catu lle contou a nosa excursión de hai uns meses, a avoa díxolle que ela cos seus 75 anos nunca subira ao alto do faro, e iso que levan 40 anos vivindo en Monte Alto. Así que, aproveitando a tarde clara de xullo e que os luns a entrada é de balde, decidimos subir con Susa.
Paseamos dende a casa dos avós ata ó pe da torre, subimos e baixamos acompañados de bastantes turistas, e voltamos para a casa dúas horas despois coas pernas dos pequenos esnaquizadas polo esforzo.
Para Catu a tarde foi bastante fructífera por que aprendeu todo o que non se debe facer cando se pasea pola cidade, escenificado pola súa avoa que se dedicaba a cruzar co semáforo en vermello ou fora dos pasos de peóns, subir ó pe da torre polo medio das pedras en lugar de pola rúa habilitada para ese fin (con caida incluida, todo hai que dicilo, ainda que se ergueu ela soa - menos mal por que non sei como a podería auxiliar cos dous nenos da man-), etc..... En fin, menos mal que a cativa de 4 anos ten mais sentidiño que moitos adultos.
En resumen, unha tarde divertida e esgotadora tanto física como mentalmente para todos, pero sobre todo para mami.

Comentarios

Entradas populares