O mochileiro

Antonte, como todos os venres, fomos recoller aos nenos aos coles. Primeiro ao de Catuxa ás cinco, logo un pequeno paseo para facer tempo e finalmente ao de Paulo ás seis.

Cando chegamos, xa estaban saíndo da clase, camiño da rúa. O ano pasado, Paulo sempre agardaba na súa aula: mudáballe a cara cando se abría a porta e vía a súa irmá ou a algún dos seus pais. Pero antonte, ali viña, abrindo a ringleira de miñocas, co seu carnet pendurado da camiseta cun imperdíbel e coa súa mochila da galiña azul ás costas, case máis grande que el.

Por un momento só pensei en que o tempo é area que esvae entre os dedos das mans.

Comentarios

Entradas populares