Novidades


Hoxe temos dúas novidades, por unha banda o campo de batalla xa está convertido nun lugar de disfrute para toda a familia e amigos, e por outro lado Pauliño adicouse a morder á súa irmá nas costas por que ela non lle deixaba un xoguete. Pero, non contento con iso, despois de rifarlle repetiu a acción, pero esta vez a victima foi o sofá, así que non me quedou mais remedio que castigalo a pensar no seu cuarto, metido no berce, claro, para que non puidera fuxir.


Un anxiño este Paulocho.

Comentarios

Entradas populares