Estreando a piscina

Despois das escuras novidades anunciadas hai uns días, aínda non sacara un rato para falarvos da piscina que fixemos no Valiño. Desgraciadamente, este verán non está deixando moitos días como o de onte, de sol e calor, pero procuramos aproveitalos todos.

Catuxa, tras un primeiro día con certas dúbidas, xa está totalmente afeita. Nada co "cacharro da tía Aurora", co golfiño ou ela soa, coa única axuda dos manguiños.

Paulo toma a cousa moito máis a modo. Hoxe atinximos sentalo na veira para que mollara os pés no primeiro chanzo da escaleira, o cal xa é un éxito. El prefire ir bordeando, tirar os balóns a auga e, de cando en cando, comprobando coa manciña a temperatura da mesma.

En derredor da piscina está a cousa moi provisional, con area e terra. Espero que nun par de semanas, cando o terreo asente, poidan vir poñer a madeira e sementar o céspede, que boa falta fai.

Comentarios

Entradas populares