Unha excursión por Mugardos

Hoxe aproveitamos as vacacións e as horiñas de sol - aínda que con certo viruxe - para saír dar un paseo. Fomos a Mugardos, sitio chulo para pasear e tamén para comer.

Estes días anda a nena coa teima dos castelos, desde que antonte visitaramos o da illa de Santa Cruz. Así que o pasou moi ben visitando - desde fóra, porque está pechado - o de La Palma e flipando cando descubriu outro aínda máis grande na outra beira, o de San Felipe.

Paulo negouse a probar bocado no restaurante - pese a que había peixe e patacas cocidas, dos que gosta ben -, pero Catuxa comeu bastante e de todo: polbo, chocos e merluza. Logo demos un paseo polo porto e, por se non abondara, camiño da casa tivemos que para outra vez no castelo de Santa Cruz.

Quedan unhas fotos da xornada.







Comentarios

Entradas populares