Fin de semana con Pablo e María

Pablo e María, que están a piques de ter a súa primeira filla, invitáronnos a pasar a fin de semana no estupendo pazo que a familia de María ten en San Cosme de Barreiros, moi perto de Ribadeo.

Non houbo sorte e o tempo non acompañou, pero si tivemos ratos de sol abondo para facer algunha excursionciña. As marabillosas praias da zona (en coche, baixo a choiva) e a fervenza de Santo Estevo (camiñando, cos miñocos feitos un sendeiristas profesionais) foron os destinos.

Os cativos portáronse, como case sempre, bastante ben. Durmimos os catro nun cuarto xigante con tres camas e un berce. Esta mañá, ás dez e media, houbo que tocar diana, porque se non...

¡Graciñas por todo, Pablo e María!

Velaquí quedan algunhas fotos que resumen a andaina.

Retratados no miradoiro de Santa Cruz

Xogando no xardín do pazo

Fervenza de Santo Estevo

Descansando trala andaina

Faro de Illa Pancha

Castropol desde Santa Cruz

Comentarios

Isa Rey ha dicho que…
Só lle podo poñer unha pega á estadía e é a escaseza de comida ;-)
PaBLO ha dicho que…
Muy chulo el reportaje. De todas formas para ser honestos con vuestros seguidores creo que deberíais incluir algunos detalles de la visita que quizás les pudiesen interesar.
Os dais cuenta a que me refiero…

Entradas populares