Tragabolas

Na fin de semana en San Cosme descobrimos unha faceta oculta de Catuxa: ten un mal perder do carallo.

Entre os moitos xogos dos sobriños de Pablo e María, atopamos un tragabolas. Lembrade, ese dos hipopótamos que comen as boliñas que se soltan no centro do xoguete. En canto Catu o viu, non nos quedou outra que organizar un longo torneo. Nas fotos podedes ver o ben que o pasaba a miñoca mentres gañaba.

Pero, ¡ai, amigo!, como a alguén se atrevera a comer máis bolas que ela...

Comentarios

Isa Rey ha dicho que…
Si, si, a cuestión foi que para dar por rematado o xogo, mami tivo que empregarse a fondo e gañarlle un par de partidas, (non foi doado). En canto viu que non sempre gañaba, decidiu de mala cara que era momento de gardar o xoguete.
Que risas botamos os grandes á súa conta.

Entradas populares