Toda a noite

Hoxe produciuse un fito importante na vida de Paulo (e, por riba de todo, na dos seus pais): durmiu toda a noite dun tirón. Onte deitouse a iso das nove e media da noite e hoxe ás oito, cando eu marchei cara ao traballo, alí seguía durmindo no berce.

A chave témola atopado xa: enchelo coma un bocoi (o neno déixase). Onte tomou enteiro o bibe de 210 ml e logo repeitu, papando casi 60 ml máis. Un hipopótamo, o coleguiña.

Comentarios

Entradas populares