Voltou Catuxa

Pero hoxe, por fin, despois de catro días de antibióticos, xa temos a Catuxa de novo connosco. Xa troulea, xa xoga, xa come, xa coida do irmán, xa ri, xa nos deixa sorrir.
Velaquí dúas probas: á esquerda, os agarimos ao bebé; debaixo, controlando a situación desde o alto do tobogán.
Aínda que debo dicir que algo quedou que non estaba antes: esa lixeira capa de ciumes, supoño que normal nesta situación, que a fai unha nena máis miqueira do que xa era, non pouco. Espero que a volta á escola e á normalidade a semana vindeira a axuden a asimilar a presenza do irmán.

Comentarios