Tres días

Esta semana estiven tres días fóra por traballo. Vin aos rapaces o domingo pola noite; con Catuxa non volvín estar até o xoves de mañanciña, cando eu marchaba para a oficina e ela preparaba para a escola.

A Paulo vino o mércores á noite, tarde, cando cheguei do aeroporto. Quedei abraiado co cambio: é incríbel o que pode cambiar un bebé en apenas 72 horas. Máis grandote, coas fazulas máis redondas e cheas, cunha expresión máis feita.

O tempo esborrexe entre os dedos das mans...

Comentarios

Entradas populares