Un día moi triste
[En castellano] Hoxe morreu o can Cúper. Seica comeu veleno para os toupos. Onte marchou para o veterinario, moi doente, e xa non voltou.
Catuxa non se decata destas cousas, pero hoxe parecía que, de cando en vez, botaba unha ollada polo Peredo como procurando algo que lle faltaba.
Teño o acougo de que, aló onde estea o ceo dos cans, un anxo estará a guindar ben lonxe un pau grande, para que Cúper chimpe entre as nubes tras del. Deica sempre, Cúper.

Comentarios