Escaleiras

[En castellano] A Catuxa encántalle baixar escaleiras. E, sobre todo, subilas. Canto máis altos os chanzos, mellor.

Os dous brazos alzados, as manciñas ben collidas ás do adulto que a acompaña. Un pé arriba e o outro á súa beira. Pois non, iso sería demasiado doado. Un pé arriba e o outro ao chanzo seguinte: por moi alto que quede, dá igual, xa me agarra papi, mami, ou quen sexa.

Pero claro, as escaleiras non son infinitas. E, polo tanto, acaban rematando. Iso Catuxa non o entende, e se anoxa. ¡¡¡Gnnnmmpffff!!! Hai que levala do sitio ou, mellor, baixar até a base de novo.

As escaleiras mecánicas tamén lle gustan. En concreto, as do Corte Inglés. E dalle igual que xa teñas chegado á planta de cabaleiro. Ela fai ¡¡¡Gnnnmmpffff!!! en primeira instancia. E se non continúas cara á planta seguinte, chora e berra. Chora e berra ben alto. E os dependentes do Corte Inglés sorrín, claro, que para iso lles pagan. E segue a chorar.

Pero tódalas tromboeiras clarexan. E Catuxa volta a ser a mesma. Até que as escaleiras mecánicas rematan de novo no parking...

Comentarios

Entradas populares