A cabalgata dos Reis Magos

[En castellano] "Non se vai enterar de nada" "É aínda moi cativa" "Ademais, seica vai chuviscar" Foi o mesmo, a Catuxa acabou entre centos de persoas - nenos como tolos e pais resignados - facéndose un buraco entre o balbordo para ver pasar aos Reis.

Non creo que se enterase de nada, pero flipou un anaco con tanta luz e tanta música e tanta xente (e, efectivamente, chuviscou). E ademais levou un agasallo: un oso de peluche cun chuvasqueiro marelo.

Velaquí tedes unha artística composición (os de marelo da esquerda non son os Reis, senón os municipais a cabalo que abrían o desfile). Axiña colgaremos o correspondente vídeo.


Comentarios

Entradas populares