Fin de curso para Paulo

Hoxe é o último día de curso para Paulo na Escola Infantil A Canteira. Como xa acontecera con Catu, procedemos a sacar a foto coa xente que o tratou durante todo o ano con moito agarimo: Elisabeth e Marcos, coidadora e conductor respectivamente do bus escolar, graciñas aos dous. Ainda que na foto non o pareza, Paulo gustaba da viaxe no bus coa súa galleta e o anaco de mazá de todalas mañás.
En setembro comezará unha nova etapa, nun cole novo, pero coa inestimable axuda da veterana Catuxa. Ainda lembro o primeiro día da pequena ela soiña, non quero imaxinar se fose Paulo o que se tivese que ver en semellante situación. En fin, xa vos contaremos como vai a cousa.

Comentarios

Entradas populares