Xa os boto de menos

Marchamos por uns días de vacacións, sós, mami e papi. E imos botar moito de menos aos rapaces.

Mirar a lúa pola xanela antes de deitar a Catuxa, observar como patuxa Paulo no inmenso océano do baño, ver unha e outra vez "El Patio de mi Casa" na tele, darlle os biberóns que Paulo devora, xogar ás agachadas coa rapaza, facer cóxegas a Paulinho para ver como ri.

Namentres, quedan en moi boas mans: seguro que os avós (e Tita botará unha axudiña cando faga falla) coidanos de marabilla.

Ata a volta, rapaces.

Comentarios

Isa Rey ha dicho que…
Que ganinas teno de velos!!!!!! (Esto de escribir nun ordenador sin ene e imposible para o galego)
Anónimo ha dicho que…
O Paulo e ben distinto da Catuxa, ainda non me chorou nin unha vez. Onte corteille as uñas e non dou unha queixa.

Entradas populares