A Laranxeira

No cole de Catuxa, elixiron este curso como tema para o proxecto educativo o "Cambio Climático", e os rapaces de infantil dedicáronse a coñecer un pouquiño acerca do mundo das árbores; concretamente a clase de Catuxa elixiu A LARANXEIRA.

Chegou o entroido, e como non podía ser doutro xeito, os pequenos tíñanse que disfrazar de laranxas, así que mami púxose man á obra para elaborar o traxe segundo as instrucións de Rebeca.


E aquí tedes o resultado, (a verdade é que sendo tan feitiña calquera cousa lle queda ben).


O día da festa, as catro clases de infantil interpretaron as cancións que prepararan. Os cativiños de dous anos formaron en ringleira, e bastante fixeron con manter a compostura durante o minuto que durou a escenificación. Catuxa é a segunda pola esquerda, ¡¡¡¡¡¡¡¡que vergoñenta!!!!!!!!!!!, non quería nin mirar.



Cando remataron as actuacións chegou o mellor: a degustación de orellas e rosquillas, e a vergoña desapareceu como por arte de maxia. ¡¡¡Que laranxiña tan doce!!!.

Comentarios

Entradas populares