Semana de paixón

A primeira semana na casa despois do hospital ten sido - aínda é - moi dura. Pero, contra o que se podería pensar, non polos horarios do pequecho, senón pola enfermidade da pobre Catuxiña. Desde o sábado, cando colleu febre bastante alta que non soltou até o xoves, paso por Urxencias incluido. Máis de 39 tódolos días, con noites bastante malas a base de tusir e suar. Por suposto, non pasou polo cole.

Parecía que todo rematara. Incluso o sábado fomos a Sada, a xogar un rato no tobogán e no bambán. Pero esta pasada noite, de novo os 39 graos e o mal durmir. Esta mañá voltamos a Urxencias, e diéronnos que temos que agardar 48 horas máis co Apiretal, antes de facer outras probas.

Mentres escrebo, a Catuxa pelexa por se durmir. Sinto desde aquí como se laia. Acabo de subir porque chamaba: estaba toda suada, xemendo entre sonos. Dá unha mágoa, a pobre. A ver se hai sorte, e mañá está mellor.

Comentarios

Susana ha dicho que…
Da peniña ver os nenos enfermos sen poder axudarlles pero animo que seguro que se recupera pronto...
un bikiño

Entradas populares