¿Enfermidade ou ciumes?

Xa estabamos advertidos. Xa nolo dixeran todos. "Vainas coller todas xuntas". Despois de dous anos nos que Catuxa a penas botou tres días enferma, a chegada do cole era percibida como unha seria ameaza neste eido.

E, efectivamente, dito e feito. Esta fin de semana a Catuxa pasouna enteira enfermiña, con febre de até 39,5º e tusindo moito. A pobriña. Aínda hoxe estaba cunhas décimas de febre. Loxicamente, non foi ao cole.

Pero tamén estes días houbo novidades no seu comportamento. Se xa era bastante miqueira, especialmente na súa teima de estar con papá todo o tempo, este efecto multiplicouse por mil. Ademais, a tragona estivo comendo bastante mal, todo o contrario do habitual. E, incluso, tivemos que deitarnos con ela para que durmira a sesta, cando é un reloxio para os temas do sono.

A dúbida que temos é se isto ven motivado pola febre ou a presenza do bebé ten algo (bastante) que ver. ¿Enfermidade ou ciumes?

[Velaquí tedes unha foto que amosa como pasou Catuxa boa parte da fin de semana: na cama, cos seus bonecos (Cansito, esnaquizado tralo seu brazo dereito, e Pollín) e cos Lunnis cantando no portátil]

Comentarios

Entradas populares