Fin de semana na montaña.

Dende que estamos en Chile, tratamos de aproveitar as fins de semana para coñecer, pasear e disfrutar da increible natureza deste pais, unhas veces os catro sos e outras, como neste caso, acompañados de bos amigos.
O destino elixido está ben perto de Santiago, percorridos apenas uns kilómetros dende o final da cidade xa estás na montaña, no chamado Caixón do Maipo.


Alugamos unhas fermosas cabañas no medio do monte, literalmente. A subida co coche no foi sinxela por que o camiño de pedras está bastante afectado polas augas que transcurren montaña abaixo, pero o lugar ben pagaba a pena.
Chegamos o venres pola noitiña e o sábado pola mañán fixemos cos nenos unha pequena excursión a pe, seguindo as indicacions do responsable das cabañas, ata chegar a unhas fermosas fervenzas. Un par de horas de paseo entre ida e volta que nos viñeron moi ben para xantar con fame un bo asado.








As xornadas transcurriron tranquilas entre xogos dos cativos e conversas dos adultos, tratábase de desconectar e conseguímolo. Haberá que repetir!

Comentarios

Elena ha dicho que…
Nos encanta veros tan feliceds y tan guapos. Besitos a los cuatro
.

Entradas populares