Un ano en Chile!

Como pasa o tempo!. Parece que foi onte cando faciamos as maletas para iniciar esta gran aventura e xa pasaron 365 días completos. Exactamente un día como hoxe de hai un ano chegabamos a Chile con esa mestura de sentimentos por todo o que deixabamos atrás e todo o que tiñamos por diante.

12 meses despois da nosa partida, podemos contar que estamos totalmente integrados, moi ledos, fascinados polas paisaxes, pola xente que atopamos, polos amigos que fixemos. A nosa felicidade e casi completa, digo casi por que temos ao resto da familia moi lonxe físicamente, ainda que moi presente no día a día, (afortunadamente as novas tecnoloxías son unha gran axuda acurtando distancias). 

Ademais, en apenas un mes estaremos de volta para pasar unhas pequenas vacacións todos xuntos. Xa non queda nada!!.








Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Cómo pasa el tiempo…
Y qué mayores se hacen los niños.
Besos.
Merchy.

Entradas populares