Primeiro día de praia no Pacífico

Só levamos algo máis de un mes de primavera pero, aquí en Chile, as temperaturas xa superan bastante as que adoitamos soportar no típico verán coruñés. Tendo en conta a cantidade de quilómetros de costa de que dispoñemos, o lóxico era iniciar a tempada achegándonos a algún lugar recollido para pasar o día á carón do mar. 
O punto escollido foi Quintay, un pequeno porto baleeiro, abrigado do vento e das ondas, con augas claras e frías, bastante similar a moitas praias galegas.




A xornada transcurriu tranquila mollando os pés, xogando a facer castelos e atopando tesouros incribles como algas e cunchas. Con iso e máis un feixe de bos amigos pasámolo xenial.






Comentarios

Entradas populares