Na praia de Zapallar


Aproveitando o día de festa, o 1 de novembro achegámonos a Zapallar, un fermoso pobo costeiro a uns 180 quilómetros de Santiago, ao norte de Viña del Mar, e que destaca pola súa fermosa praia e as casas construidas na ladeira do monte mirando cara o océano.


Nada máis chegar, xantamos no Chiringo, o único restaurante aberto a pé de praia, e co bandullo cheo dirixímonos á area.




Ben protexidos do sol con puchos, camiseta, crema e sombrilla pasamos unha xeira estupenda disfrutando da area e da auga limpa e fría, moi do estilo da nosa coruñesa praia de San Amaro. 



Cansos de deseñar castelos e montañas, recollemos os bártulos para tomar a merenda dando un paseo pola beira do mar e tomar as últimas fotos antes de voltar para a casa. De seguro repetiremos a excursión con máis calma por que Zapallar ben o merece.



Comentarios

Entradas populares