Uns deportivistas no Typhoon Lagoon

Durante a nosa estadía en Disney disfrutamos dunha xornada nun parque acuático do complexo: o Typhoon Lagoon. É o mais familiar dos dous existentes, o que ten máis actividades para nenos e como a Catu e a Paulo apenas lles gusta eso de chapuzar na agua pois xa podedes imaxinar como o pasaron.


Para evitar calquera tipo de problema os cativos puxeron uns chalecos salvavidas que, aparte de mantelos sempre a flote, protexíanlles as costas e o peito do sol.


Pasamos toda a xornada na auga, tirándonos polos tobogans, nadando na piscina xigante,.... A ocupación das tumbonas foi mais ben escasa, so para deixar a bolsa coa roupa e sacar unha foto.


Ademais, a piscina-praia estaba dotada cun sistema de ondas artificiais moi logrado e que facía as delicias dos bañistas. Mirade o vídeo no que podedes ver a Catu (de costas con chaleco azul) e papi de frente (de costas á onda). Están xusto entre dúas persoas, un home e unha nena, que entran correndo na pisci pola dereita da imaxe.

 

Comentarios

Entradas populares