Unha nova viaxe. Destino: Disney

Este ano está sendo especial por moitas e moi variadas cousas e, como non podía ser doutro xeito, o cumple de Paulo celebrámolo por anticipado cunha viaxe moi especial: visitamos Walt Disney World en Orlando.



A distancia que separa Santiago de Chile de Orlando é considerable e, como ademais fixemos a reserva con só 3 meses de antelación e coincidindo en datas coas festas patrias chilenas, xa non atopamos ningún voo directo así que tivemos que viaxar vía Panamá.


Chegamos puntualmente as once da noite a Orlando e no aeroporto xa nos agardaba o bus de Mickey debidamente organizado para levarnos ao hotel.


Poucas horas despois, como dí o lema de Disney: "dreams come true", e efectivamente, os soños dos nosos cativos fixéronse realidade.

Comentarios

Entradas populares