O Día do Pai

Este ano no Valiño o día do Pai foi adiantado unhas horas por que Papi, obrigado polo traballo, marchaba de viaxe unha temporadiña. Así que, antes de despedilo no aeroporto, os pequenos fixéronlle entrega dos agasallos que prepararan con tanto agarimo no cole.







Un pisapapeis con forma de cogumelo de parte de Paulo e un portarretratos coa súa foto de parte de Catu. Nin que decir ten que Papi marchou encantado, non tanto polos agasallos como polo riquiños que son estes nenos.




Comentarios

Entradas populares