Golf, deporte de risco




A combinación de varios nenos con paus de golf querendo emular a Catu adoita ser un deporte de risco e, esta vez, tocoulle a parte desagradable a Paulocho. Ferida aparatosa, disgusto monumental de todos os presentes, Manu, Carol, sobre todo da avoa Pili, e visita a urxencias de Santa Cruz para amañar a desfeita. 

Juan, o médico de garda, fixo un zurcido moi traballado e o neno aguantou toda a operación sen unha soa queixa, e sen soltar a pelota de golf que levaba na man. Super valente!!!!!. Agora so queda ter un pouco de paciencia e agardar a que transcorran uns días de hinchado-morado-amarelo, para retirar os puntos e voltar á normalidade. 

Mirade que ledo chegou ao cole coa súa tirita de Caillou,




Cada día que pasa ten mais forza a definición de Paulo que fixo, xa hai algún tempo, María, unha moi boa amiga de Pili: "este neno ten algo especial", (por certo, bicos fortes ás dúas).

Comentarios

pilarmarco ha dicho que…
Gracias Isa por tu comprensión y felicidades por ese niño tan " especial " y tan valiente que teneis. El disgusto fue tremendo , tardará en pasar pero al ver a Paulo tan contento y tan maravilloso hace que vaya desapareciendo poco a poco.
Bicos muchos para los tres y para el " ausente " un abrazo ENORME.
Manoel Foucellas ha dicho que…
Imaxinade o que é ver estas fotos desde 11.000 Km de distancia... :-S

Entradas populares