CUMPRE DE CATUXA. Parte II




Un ano mais, como xa ven sendo habitual, Catuxa cede un 0,5% do seu protagonismo ao avó Manu que, como ben sabedes, ten a sorte de compartir data de aniversario coa súa neta.

Por esixencia materna, o número de agasallos viuse reducido (o Nadal está á volta da esquina e despois non sabemos que facer con tantas cousas), e como Catu xa se está facendo maior, comeza a recibir cousas apropiadas para unha señorita. Neste punto sempre é de obrigada mención a tía Merchy: pucho estilo anos 20 e "foulard" a xogo. Para completar o conxunto, observade a tatuaxe de brillantina en forma de bolboreta que lle debuxaron no dorso da man os avós Manu e Pili, coa axuda dun "set" traido directamente dende Londres. O seu sorriso xa o dí todo:





Despois da merenda toca foto cos curmans. Entre tanto neno ten que ser a raiña por forza.




E, por último, mención aparte para o pequeno David, que sempre se preocupa por que non sobre unha morea de comida.....




FELIZ CUMPREANOS AOS DOUS!!!!!!


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
tambien se preocupa de que no se escape catu y de darle besos y abrazos, jajajaa, que tio.besos tita

Entradas populares