Catu e Paulo mestres pizzeros




Onte domingo Catu e Paulo asistiron no Marineda City a un obradoiro de cociña organizado pola cadea de restaurantes Cambalache. A cita era cedo, chegamos alí ás 10.30h, por que había que fichar e poñer o mandil e o pucho para non manchar a roupa.

A iso das 11,00 os vinte rapaces estaban preparados arredor da mesa para comezar o curso. Coa axuda dunha monitora e de tres cociñeiros do restaurante, fixeron un repaso dos ingredientes e utensilios necesarios para facer unha pizza, e puxéronse mans á obra coa masa.

Extendérona ben sobre unha reixa, botáronlle a salsa de tomate, xamón, atún, abundante queixo, touciño, olivas e algún que outro champiñón, e lista para meter ao forno.




Uns minutos despois, cada alumno recibiu a súa pizza quentiña, xunto cun diploma acreditativo dos seus coñecementos "pizzeros", e a eso das 12.30h deron por finalizado o curso. Xa fora do local, os catro xuntos disfrutamos do mellor momento da mañá: o de comer as pizzas recien feitas, que estaban ben boas por certo.

NORABOA PEQUENOS COCIÑEIROS!!!!!!




(NOTA: E noraboa tamén a Cambalache por esta fantástica iniciativa, na que os nenos sairon encantados con pizza, diploma, pinturas de cores, pucho e delantal, todo de balde).
















Comentarios

Entradas populares