Por terras do Eume

Onte saímos de excursión por terras do Eume. Visitamos a preciosa fervenza do Belelle, da que nin tiñamos sentido falar ata o de agora (pola pouca xente que había, creo que non somos os únicos). E, despois de xantar, subimos até o que queda do Castelo de Andrade, para ver se vivía alí algunha princesa. Para decepción de Catu, nin princesa nin príncipe, pero ámbolos cativos pasárono de medo. Velaquí algunhas fotos da xornada.

Comentarios

Entradas populares