Os pequenos ximnastas

Non é a primeira vez que nos achegamos ao novo parque de Lians dende que o concello o acondicionou con pasarelas de madeira para pasear entre as árbores e unhas zonas con barras para que pequenos e maiores fagan exercicio; pero si que foi a primeira vez que o fixemos nun día caluroso e tamén a primeira vez que retratamos os pequenos pendurados facendo monadas.

Despois de varios balanceos nos que Paulo aguanta bastante mais que Catu, (tomao mais en serio e non se move tanto), percorremos todo o circuito paseando, escoitando os paxaros e sentando nos bancos que atopamos polo camiño a tomar unha imaxinaria comida que a nena prepara con follas e froitos que atopa polo chan; e, cun pouco de sorte, ainda vai saindo algunha foto chula da parella de pequenos ximnastas.

Comentarios

Entradas populares