Estreando a tempada de pisci

Gozamos de días de sol e trinta graos, polo que onte á tardiña estreamos a tempada de piscina por este ano. Tiña por alí o móbil a man e fixen esta foto para inmortalizar a estrea.

Catu segue sendo coma un peixe: pasaría horas enteiras nadando cos manguiños ou chimpando desde a beira. Pero o principal cambio aconteceu en Paulo: hai un ano non pasaba do primeiro chanzo da escaleira, pero onte desmelenouse e, agarrado ao churro e á súa nai, gozou o seu da auga. De feito, pasado un bo rato, aínda que se vía que estaba morto de frío, non había quen o sacara. Chorou con gañas envolto nunha toalla até que lle pasou o cabreo polo remate do baño.

Comentarios

Entradas populares