Dous días de vento e frío no Barbanza

Aló polo Nadal de 2006, cando Catuxa tiña pouco máis dun ano, pasamos tres días de inverno por terras do Barbanza. Velaquí o album de fotos que fixemos entón (premede na foto para abrilo).
Esta fin de semana de Antroido quixemos repetir, xa cos dous ananos. E aló que nos fomos, desafiando aos xeados ventos que zoaban arreo neste recanto do mundo. Pese ao frío, pasámolo moi ben camiñando por praias e portos, subindo montañas e pisando area. Os cativos chegaban derreados pola noite ao hotel, xa que non están afeitos a tanta actividade. Andamos polo Son, por Noia, por Corrubedo, por Riveira, por Cabo de Cruz, pola Curota (ia tanto vento que non poidemos saír do coche). Eis as fotos.


O hotel rural no que estabamos aloxados constaba de varios edificios. O noso cuarto non estaba no principal, así que co frío que ía, tralos baños tiñamos que disfrazar aos nenos deste xeito para levalos a cear (moi propio do Antroido).


E, finalmente, comparade estas fotos feitas no mesmo lugar: o porto de Corrubedo. Unha, feita no Nadal de 2006 (Catu tiña trece meses); outra, feita antonte, con catro anos a rapaza e case dous e medio o miñoco. ¡Como pasa o tempo!

Comentarios

Entradas populares