Seica chegou o outono

Onte, con outubro esmorecendo, despois de deitar aos rapaces papi e mami gozamos dunha cea no porche. Robaliza ao forno, exquisita, e despois da sobremesa un bo gin tonic escoitando música. Todo isto en manga curta, xa que tiñamos por riba de vinte graos. ¡Incrible, a poucos minutos de chegar novembro!.

Pero hoxe seica a realidade chegou de súpeto. Seis graos menos de temperatura, vento e choiva. Tarde caseira cos rapaces, pois. E mami tivo a brilante idea de facer uns churros para mollarmos no chocolate. ¡Que tarde máis axeitada para estrear a churreira que nos trouxo a avoa Susa xa hai algún tempo!

Polo visto, Catuxa estaba de acordo.



Comentarios

Susana ha dicho que…
hola!
que simpática esta Catuxa! je je!
A verdade e que onte era un dia estupendo para estar en pixama vendo unha boa pelicula....
bikos

Entradas populares