Espabilando

Dende hai uns días, Pauliño insiste en xogar cunha especie de quebracabezas con pezas de formas e cores que era de Catuxa. No inicio, o pequeno dábanos as pezas e nós, Catuxa, Papi ou Mami, colocabámolas no lugar axeitado. Pero dende onte el soiño se encarga: saca todalas formas e volve a encaixalas sen problema.

Cando hoxe pola tarde gravamos este video, fíxenlle unha pequena trampa: dinlle a volta á base, (el sempre a colocaba de xeito que o círculo amarelo quedase arriba á esquerda), e funlle dando as pezas nunha orde totalmente aleatoria. Como podedes comprobar, as veces dubida un pouco, pero acaba acertando co sitio.

Comentarios

Entradas populares