As primeiras notas de Pauliño

Xa vedes, hoxe no cole do pequeno Paulo entregáronme as súas primeiras notas. Custoulle un pouquiño a adaptación, pero agora parece que progresa adecuadamente. Vai todolos días un par de horas pola tarde, cando o deixo non queda encantado, incluso algún día chora, pero cando o recollo sempre o atopo moi ledo xogando.
Pouquiño a pouco estase a converter nun homiño, iso si, un homiño ben simpático.
Comentarios