Contraste

Esta fin de semana foi ben chuchurría. Estabamos todos medio pachuchos - Paulo con mocos e tos; Catuxa con algo de febre porque están a saírlle dúas moas novas; papi e mami con medio trancazo cada un -, así que ficamos sen saír da casa, pese ao bo tempo que acompañou.

Xusto o contrario que a fin de semana pasada, na que case non paramos no Valiño. Sábado pasámolo no Peredo, e fixemos unhas sesións de fotos con toda a familia que podedes ver nas galerías. E, domingo, fomos pasear á veira da ría do Burgo. Catuxa non parou de facer sprints, amosando que xa domina as técnicas básicas da bici (bueno, máis ou menos). E Pauliño foi feliz correndo entre as follas que o outono xa vai botando no chan, amosando que xa domina as técnicas básicas de andar (bueno, máis ou menos).

Déixovos un par de fotos ilustrativas.


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Cada día que pasa son más guapos y a Paulo le queda genial ese modelito. Un besito para los primos más guapos. Tita

Entradas populares