Canto te quero, canto te odio

Esto parece que se anima.

Xa levamos uns días observando as reaccions de Catuxa ás accións de Pauliño e viceversa. Un exemplo, hoxe mesmo, cando el cae deitado e se quere erguer, ela "bótalle unha man" preméndolle a cabeza contra o chan. Pero o pequeno non queda atrás, e co seu aniño recén cumprido xa sabe que os dentes serven para algo mais que para comer: así cando Catuxa o colle da man e non o solta, el opta por mordela: "si non me soltas polas boas, será polas malas".

Pero despois chega o momento "amor total" e a nena, como boa irmá maior que é, gusta de darlle un biquiño de boas noites ó gordecho cando el xa está metido no berce para durmir, e Paulo, que sabe misa, tiralle a almofada e os bonecos para provocala.

Dous anxiños.

Podémonos ir preparando!!!!

Comentarios

Entradas populares