Truquiños de beleza da avoa Pili

Cada vez que Catu pasa mais de 24 horas na casa dos avós Manu e Pili, chega á casa con algunha novidade ou truquiño de beleza para relentizar mais ainda o, xa longo de por sí, momento do baño diario dos cativos.
Hai xa algún tempo, a nena chegou da casa dos avós dicindo: "mami, Pili botoume mascarilla, doume unha masaxe e agardou un anaco para aclarar e o pelo quedoume !!!!!SUPER-SUAVE!!!!!". Así que non me quedou mais remedio que mercar unha crema suavizante, (eu utilizo acondicionador en duas fases sin aclarado, moito mais rápido), chamarlle mascarilla, e seguir os pasos indicados pola simpática avoiña, ainda que un pouco abreviados, (menos mal que só lle lavo a cabeza un par de veces á semana).
E onte, no primeiro baño na casa despois dunha fin de semana cos avós, Catu tapou a bañeira, sacou un bote de sales de baño que lle regalou a súa avoa, botou xenerosamente e abriu a billa para encher con auga "e que faga moita escuma e burbullas".
Sogra, xa sabes que á hora do baño sempre te teño en mente.
Un bico forte.

Comentarios

Entradas populares