Para Ana

Este post está adicado a unha fiel seguidora das andanzas de Catuxiña e Paulocho.

O pequeno da casa segue cos seus avances no día a día e agora xa se ten de pé no berce un bó anaco agarrándose nos barrotes; e cando se sinte seguro de sí mesmo, incluso se atreve a dar uns pequenos brincos que en ocasións rematan en posición horizontal. Todo un malabarista.


Iso sí, hai cousas que non cambian co paso das xeracións e Pauliño imita moi ben a Catuxa deixando as pegadas dos dentucos na madeira.

Comentarios

Entradas populares