Liscade, que vou

Había moito tempo que non escribía nada, que vergoña. Pero hoxe fágoo para comunicar unha primicia mundial: o pequeno - é un dicir - Pauliño agatuñou hoxe por primeira vez. A un par de días de facer os dez meses, o rapaz xa é un perigo para a estabilidade mundial.

Lamentabelmente, esgotouse a batería da cámara, polo que só temos estas imaxes de apenas un par de segundos en acción, distraído por non se sabe que xoguete no medio da traxectoria. Pero abonda como proba. Nestes días xa faremos un documental en condicións.

Comentarios

Entradas populares